III Maratón de Lectura de Burela
Martes 23 de Abril
do 2013. Salón de plenos do Concello
O próximo martes, terza-feira, día 23 de abril, no salón de plenos do Concello, terá lugar o III Maratón de Lectura de Burela. Esta actividade, organizada polo Buil, nacía hai dous anos na nosa vila e tén por finalidade principal promover a lectura en lingua galega.
Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares Galegos, obra
fundacional da literatura galega contemporánea e símbolo do Rexurdimento da
literatura e cultura galegas. Desde o Colectivo Buril queremos dedicar o III Maratón de Lectura a Rosalía
de Castro, sumándonos deste xeito ás distintas actividades que se están a
desenvolver en numerosas vilas e cidades galegas, promovidas principalmente
pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), pola
Fundación Rosalía e por distintas asociacións culturais de base.
Ao igual que na edición previa do maratón, a lectura prolongarase ao longo
de todo o día e os textos a ler serán fragmentos da obra rosaliana ou ben
textos de outros autores e autoras dedicados á poeta de Padrón. A xornada de
mañá
dará comezo ás
10:00
coas
lecturas dos alumnos e alumnas dos centros educativos de primaria e
secundaria de Burela
, CEIP Os Castros, CEIP Vista Alegre, IES Monte Castelo e IES Perdouro
. Pola tarde, desde as 16:00, participarán distintos
colectivos
e entidades
de Burel
a, estando xa confirmada a presenza
da
asociación Camiña
,
Axuda ao enfermo mental "A Mariña",
Fundación Eu Son, Burela FS,
Clube de Baloncesto, SCR Ledicia,
Amigas e Amigos
da Banda Música de
Burela,
AMAJAZZ,
Centro San Aníbal, asociación Vagalume
, Observatorio da Mariña pola Igualdade, Clube de Lectura
... así co
m
o distintas
persoas
que participarán a título
individual.
Desde o colectivo Buril a
gradecemos
o
interese mostrado
por todos e todas as participantes, que fan posible este maratón de lectura en Burela. Aproveitamos tamén para convidar a todas as persoas a
asistir ao maratón e disfrutar da lectura de textos de Rosalía de Castro ao
longo de todo o día.
Sem comentários:
Enviar um comentário