VI Maratón de Leitura de Burela.
“Manuel
María, poeta do pobo”.
Venres,
13 de maio.
Salón
de plenos do Concello.
O Maratón de Lectura de
Burela, organizado polo Colectivo Cultural Buril chega este ano á súa sexta
edición. Dada a alta participación acadada nas pasadas edicións, así como o
interese mostrado por parte das entidades participantes, apostamos por manter
esta cita coa lingua e a literatura galega que se vai consolidando ano a ano. Desta
volta o Maratón de Lectura será o día 13 de maio, para
celebrar Día das Letras Galegas, que
este ano están dedicadas ao poeta da Terra Chá Manuel María. A
cita terá lugar en Burela, no salón de plenos do Concello, como vén sendo
habitual.
O Buril quer sumarse deste xeito aos distintos
actos que se desenvolven por todo o país dedicados ao autor chairego. O Maratón de Lectura terá lugar no Salón de
plenos do Concello, de 10:00 a 14:00 e horas, e contará coa participación dos
centros educativos de primaria e secundaria de Burela.