quinta-feira, 17 de dezembro de 2015
quinta-feira, 19 de fevereiro de 2015
V Maratón de Leitura. #EuSonRosalía
O Maratón de Lectura de Burela, organizado polo Colectivo
Cultural Buril chega este ano á súa quinta edición. Dada a alta participación
acadada nas pasadas edicións, así como o interese mostrado por parte de todas
as persoas e entidades participantes, apostamos por manter esta cita coa lingua
e a literatura galega que se vai consolidando ano a ano. Desta volta
celebraremos o Maratón de Lectura o 24 de febreiro,
coincidindo co Día de Rosalía. A cita terá lugar en Burela, no
salón de plenos do Concello, como vén sendo habitual.
O Buril quer sumarse deste xeito á celebración do
Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro (aniversario do nacemento da autora),
que desde 2010 promove a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua
Galega). Nos últimos anos foron varias as accións promovidas desde a AELG que
contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade e, moi
especialmente, polo sector educativo e o tecido asociativo.
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o
lema "Eu son Rosalía" e convidan os centros escolares,
institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os
particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a
afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa
descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis
identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que
comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
Ao igual que o pasado ano, o Maratón de Lectura
estará estruturado en dúas quendas, unha de mañá, de 10:00 a 14:00 e horas,
destinada aos centros educativos de primaria e secundaria e outra de tarde, de
16:00 a 20:00 horas, destinada a colectivos e entidades deportivas, así como a
todas as persoas que queiran participar a título individual.
quinta-feira, 29 de janeiro de 2015
terça-feira, 13 de janeiro de 2015
"Quês e porquês do reintegracionismo". Sexta-feira, 23 de Janeiro, às 20:00 h. no C.S. Xebra!
O 23 de Janeiro, sexta-feira, terá lugar em Burela o lançamento do "Quês e porquês do reintegracionismo", com a presença de Eduardo Sanches Maragoto, co-autor do livro. A cita será no C.S. Xebra! (Leandro Cucurny 19) às 20:00 horas.
Por que escrevedes tam ‘raro’? É necessário ir a Portugal para aprender galego? Quem foi o primeiro reintegracionista? Umha naçom, umha língua? Era Castelao reintegracionista? Sou eu reintegracionista? Por que os portugueses nos falam em castelhano? Quais som os países de língua oficial portuguesa e como escrevem?
Estas e muitas outras questões responde este livro, com um tom didático e descontraído. Pensado nom para especialistas em língua mas para a gente do comum, que queira conhecer de primeira mao os quês e os porquês do reintegracionismo.
Este movimento de que se pode afirmar, parafraseando Mark Twain, que “os rumores sobre a sua desapariçom fôrom grosseiramente exagerados”.
Autoria:
José Ramom Flores das Seixas [Coordenador]
Joseph Ghanime Lopes
Beatriz Peres Bieites
Valentim Fagim Rodrigues
Eduardo Sanches Maragoto
Joseph Ghanime Lopes
Beatriz Peres Bieites
Valentim Fagim Rodrigues
Eduardo Sanches Maragoto
Subscrever:
Mensagens (Atom)