quinta-feira, 17 de dezembro de 2015
quinta-feira, 19 de fevereiro de 2015
V Maratón de Leitura. #EuSonRosalía
O Maratón de Lectura de Burela, organizado polo Colectivo
Cultural Buril chega este ano á súa quinta edición. Dada a alta participación
acadada nas pasadas edicións, así como o interese mostrado por parte de todas
as persoas e entidades participantes, apostamos por manter esta cita coa lingua
e a literatura galega que se vai consolidando ano a ano. Desta volta
celebraremos o Maratón de Lectura o 24 de febreiro,
coincidindo co Día de Rosalía. A cita terá lugar en Burela, no
salón de plenos do Concello, como vén sendo habitual.
O Buril quer sumarse deste xeito á celebración do
Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro (aniversario do nacemento da autora),
que desde 2010 promove a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua
Galega). Nos últimos anos foron varias as accións promovidas desde a AELG que
contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade e, moi
especialmente, polo sector educativo e o tecido asociativo.
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o
lema "Eu son Rosalía" e convidan os centros escolares,
institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os
particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a
afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa
descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis
identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que
comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
Ao igual que o pasado ano, o Maratón de Lectura
estará estruturado en dúas quendas, unha de mañá, de 10:00 a 14:00 e horas,
destinada aos centros educativos de primaria e secundaria e outra de tarde, de
16:00 a 20:00 horas, destinada a colectivos e entidades deportivas, así como a
todas as persoas que queiran participar a título individual.
quinta-feira, 29 de janeiro de 2015
terça-feira, 13 de janeiro de 2015
"Quês e porquês do reintegracionismo". Sexta-feira, 23 de Janeiro, às 20:00 h. no C.S. Xebra!
O 23 de Janeiro, sexta-feira, terá lugar em Burela o lançamento do "Quês e porquês do reintegracionismo", com a presença de Eduardo Sanches Maragoto, co-autor do livro. A cita será no C.S. Xebra! (Leandro Cucurny 19) às 20:00 horas.
Por que escrevedes tam ‘raro’? É necessário ir a Portugal para aprender galego? Quem foi o primeiro reintegracionista? Umha naçom, umha língua? Era Castelao reintegracionista? Sou eu reintegracionista? Por que os portugueses nos falam em castelhano? Quais som os países de língua oficial portuguesa e como escrevem?
Estas e muitas outras questões responde este livro, com um tom didático e descontraído. Pensado nom para especialistas em língua mas para a gente do comum, que queira conhecer de primeira mao os quês e os porquês do reintegracionismo.
Este movimento de que se pode afirmar, parafraseando Mark Twain, que “os rumores sobre a sua desapariçom fôrom grosseiramente exagerados”.
Autoria:
José Ramom Flores das Seixas [Coordenador]
Joseph Ghanime Lopes
Beatriz Peres Bieites
Valentim Fagim Rodrigues
Eduardo Sanches Maragoto
Joseph Ghanime Lopes
Beatriz Peres Bieites
Valentim Fagim Rodrigues
Eduardo Sanches Maragoto
terça-feira, 30 de dezembro de 2014
Obradoiro de pintura mural para crianzas os días 2 e 3 de xaneiro
Durante estes días e ata o próximo
30 de xaneiro poderá visitarse na Casa da Cultura de Burela a exposición
origanizada polo Colectivo Buril sobre as pintura góticas da igrexa da Vila do
Medio.
Paralelamente a esta exposición,
terá lugar un obradoiro de pintura mural para crianzas de 7 anos en diante,
coordinado por Rosana Míguez, licenciada en Belas Artes e titulada en
Conservación e Restauración de Bens Culturais. Esta actividade procura dar a
coñecer o patrimonio histórico-artístico de Burela entre os máis pequenos e
pequenas, ao tempo que pór en práctica as técnicas tradicionais da pintura
mural e o temple.
Este obradoiro desenvolverase no
local social do Buril, na praza de abastos de Burela entre as 11:00 e as 13:00
horas do 2 e 3 de xaneiro de 2015, habendo a posibilidade de amplialo ate o día
4. A actividade terá un custo de 5 € para o público en xeral e será gratuíta
para socios e socias do Buril. As persoas interesadas poden inscribirse nos
telefones 666-737-595 ou no 616-995-013, ou se o prefiren a través do correo-e
ccburil@gmail.com
terça-feira, 16 de dezembro de 2014
Exposición sobre as pinturas góticas da Vila do Medio e obradoiro de pintura mural para crianzas.
O Colectivo Cultural Buril comezaba hai xa
uns meses un traballo para a recuperación, conservación e posta en valor das
pinturas murais do século XVI da igrexa da Vila do Medio. A idea era realizar
distintas actividades co fin de chamar a atención sobre o delicado estado de conservación
no que se atopan actualmente (algunha está case desaparecida a día de hoxe) e
por outra banda facer un traballo de divulgación e sensibilización entre os
veciños e veciñas de Burela.
Desde o primeiro momento contactouse con
distintas persoas de Burela ou que teñen vínculos coa nosa vila e que
desenvolen actividades artísticas (pintura, deseño, fotografía, vídeo...) para
dar a coñecer o traballo do Buril en relación coas pinturas da Vila do Medio
e recoller as súas impresións. Deses encontros saíron varias
e interesantes propostas.
A primeira iniciativa que se levou
a cabo foi solicitar ao Servizo de Patrimonio da Xunta a Declaración de Ben de
Interese Cultural (BIC) para as pinturas murais da Vila do Medio, da que aínda
non se tivo contestación. Neste sentido, tamén propuxemos a todos os grupos
políticos con representación no Concello unha moción para instar á Xunta a que
realizasen os trámites oportunos para a Declaración BIC e dar apoio do pleno da
corporación municipal á solicitude presentada polo Buril. Lamentablemente esta
moción non foi aprobada polo pleno municipal ao non contar cos votos favorables
do grupo maioritario.
Exposición sobre as pinturas góticas da Vila do Medio na
Casa da Cultura de Burela, do 19 de decembro ao 30 de xaneiro de 2015.
Case un ano despois desta
iniciativa e coincidindo co seu 30 aniversario, o Buril realiza unha exposición
didáctica sobre as pinturas góticas da Vila do Medio na Casa da Cultura de
Burela, que permanecerá aberta ao público desde o 19 de decembro ao 30 de
xaneiro de 2015, en horario de Biblioteca.
A exposición componse de 8 paneis
explicativos que conteñen información e material gráfico sobre as pinturas. Os
dous primeiros paneis son de carácter explicativo, o primeiro con información
xeral sobre a igrexa da Vial do Medio e o segundo sobre as pinturas (data de
construción, estilo, técnicas empregadas, contexto histórico-artístico…). Os
catro paneis seguintes son relativos ás propias pinturas, estando dedicados a
cada unha das catro pinturas murais conservadas e que narran distintas escenas
na “Paixón de Cristo”: o prendemento, a flaxelación, a lamentación e a
resurrección, esta última atópase practicamente desaparecida a día de hoxe. A
exposición remata con dous paneis explicativos sobre o estado das pinturas e as
medidas a levar a cabo para a súa conservación e posta en valor. Nestes dous
paneis explícanse os procesos que interveñen na destrución das pinturas, as
intervencións levadas a cabo durante os últimos anos e as medidas a adoptar
para pór freo ao seu deterioro.
Obradoiro de pintura mural para crianzas no local social
do Buril os días 2 e 3 de xaneiro.
Paralelamente a esta exposición,
terá lugar un obradoiro de pintura mural para crianzas de 7 anos en diante,
coordinado por Rosana Míguez, licenciada en Belas Artes e titulada en
Conservación e Restauración de Bens Culturais. Esta actividade procura dar a
coñecer o patrimonio histórico-artístico de Burela entre os máis pequenos e
pequenas, ao tempo que pór en práctica as técnicas tradicionais da pintura
mural e o temple.
Etiquetas:
BIC,
burela,
buril,
exposición,
pinturas,
vila do médio
Subscrever:
Mensagens (Atom)











