A próxima fin de semana chega ao seu fin a programación teatral de outono organizada polo Colectivo Cultural Buril. A cita teatral terá lugar osábado 27 de outubro ás 20hno Auditorio da Casa de Cultura de Burela co espectáculo"Radio Universo" representado por Nostrum Cai Teatro.
A compañía Nostrum Cai tén unha traxectoria de máis de dez anos no panorama teatral galego e tén realizado numerosos espectáculos de danza e teatro. A compañía está formada por seis intérpretes baixo a dirección de Lola Fernández."Radio Universo" é un guión de teatro radiofónico creado polo Grupo Chévere e adaptada para a representación por Nostrum Cai Teatro.
Sinopse de "Radio Universo"
Século XXV. Galicia é o único país do planeta onde os niveis de clonación alcanzan a perfección máis alá do clon número 200 da mesma persoa. A industria da clonación creceu arredor dos experimentos realizados na figura do Primeiro Presidente. Unha estirpe de clons do Primeiro gobernan o país dende o século XXI. Mentres se resolvían os últimos casos do moco de pavo nas granxas de Cloren, comezou a tomar forma un novo perigo: a morriña, enfermidade que ataca fatalmente aos galegos dentro da súa propia terra. Ante tal situación CLONTINENTE, a empresa creada polo Primeiro Presidente, anuncia un plan de choque para solucionar o problema, O PLAN LEDICIA: “enviaremos unha misión tripulada a bordo do cruceiro interestelar LALÍN 2000 para demostrar que o universo é curvo”.
RADIO UNIVERSO, a emisora galega no espacio exterior, con MariCastaña e SuperCarballeira, é a encargada de facer o seguimento da travesía do Cruceiro Interestelar.
A representación desta obra enmárcase dentro do programa Buxiganga, organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, que busca promover o teatro a nivel municipal e dar pulo aos pequenos grupos teatrais.
Humor2.0 Retranca
para o séculoXXI Os monólogos de CARLOS BLANCO atopan acubillo e
transfórmanse en hip-hop hipnótico nas bases de BUDiÑO DJ Dúas
figuras da escena galega UNEN AS SUAS FORZAS!!
iLalelo!
Falando
de redes sociais... de redeiras cibernéticas, De poemas
imposibles. Facendo participar ao público de salas e festas. Con
risas garantidas polo humor intelixente de CARLOS BLANCO. Coa
calidade musical de BUDIÑO DJ (aportando tamén a súa música en
directo).
iLalelo!
Un espectáculo chamado a mover
masas. A exportar o Galicia Calidade polo mundo. Un show
diferente a todos. Fresco, valente, vivo...
Para non
perdelo!
iLalelo!
Porque estamos no mundo.... iLalelo
- carlos blanco & budiño Dj
facebook/ilalelotour
CHEBRÉVERE. O bo se breve dúas veces chévere
En
escea: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron.
Músicos ao vivo: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián
No
2012 o grupo de teatro Chévere cumpre 25 anos de actividade
escénica. En tal data a compañía non podía deixar de visitar
Burela, pois esta vila foi unha das primeiras en confiar no seu
talante teatral e aquí atoparon un dos seus primeiros públicos
cómplices. Foi no desaparecido Cine Mon, alá polo final dos anos
oitenta, convidados polo C.C. Buril, cando Chévere presentou a súa
versión escénica dos míticos superheroes, "O mal non acouga".
Un título premonitorio do que sería a historia de Galiza e, por
extensión, do resto do mundo nestas últimas dúas décadas. Tempo
no que os Chévere tiveron que aprender a facer teatro de verdade
para subsistir. Mellor ou peor, o feito é que chegaron ata aquí
mantendo a súa independencia, deixando no camiño decenas de
espectáculos, centos de actuacións e nada menos que 20 anos de
actividade na Sala Nasa. Como nunha pequena festa de cumpreanos e
como agasallo da compañía a todo o público de Burela e da Mariña,
Chévere ofrecerá unha escolma de pezas breves extraíadas do seu
repertorio clásico e recente. Sketches, cancións, personaxes e
historias feitas a pé de escenario que retratan o xeito de entender
o humor, o amor e os odios destes cómicos incansables que son os
Chévere.
Vacacións no mar
Vacacións
no Mar é un espectáculo de títeres de luva, no que se conxuga o
tradicional estilo da cachiporra, tan eficaz dramáticamente, cuns
caracteres e uns aconteceres renovados para o público de hoxe en
día.
Tanto
as escenografías como os mecanismos e os bonecos son pezas únicas,
deseñados e creados no obradoiro artesán de Mircromina. Este
espírito artesanal chega ata a música do espectáculo: parte dela
foi creada específicamente para o espectáculo por Falsario, artista
que traballa en exclusiva para a Compañía; en canto ó resto, é
unha selección de músicas libres, orixinais de Rymsky-Korsakov
unhas e temas populares interpretados pola formación lucense Kivitka
as demáis.
Deste
xeito, cun sinxelo e eficaz guión, unhas personaxes de marcadas
personalidades e un ritmo trepidante, Mircromina fai a sua
contribución á renovación deste xénero dramático e ó desfrute
das almas nenas.
Sinopse
A
Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho
chega a porto no seu veleiro “Ovos con patacas”... pero nun
descuido o pirata Ollo Virollo toma prestada a nave e faise ao mar.
Tras 45 min de acción ¿Cumprirá Mariña o seu soño de dar a volta
ao planeta?
Xoves 4 ás 21h30 iLalelo Carlos Blanco & Budiño DJ Venres 5 ás 21h30 Chebrévere. O bo se breve, dúas veces chévere Grupo Chévere Sábado 6 ás 18h00 Vacacións no mar Mircromina Títeres
XIII XORNADAS DE TEATRO.
O RENACER DUNHAS XORNADAS DE TEATRO HISTÓRICAS.
As
Xornadas
de Teatro de Burela
foron organizadas polo Colectivo Cultural Buril desde o ano 1987 ata
o ano 1998. En total, foron doce edicións celebradas anualmente de
forma ininterrompida, tendo lugar as cinco primeiras edicións no
hoxe desparecido Cine Mon e as sete edicións restantes no Auditorio
Municipal. Nas primeiras edicións, as xornadas incluían unha oferta
diversa na que tiñan cabida desde compañías de teatro infantil e
teatro afeccionado (Tanxerina, Barriga Verde... ou os grupos teatrais
da A.C. Amado Lar de Ferreia do Valadouro, o grupo Ártabro Teatro da
agrupación cultural Lumieira ou o propio grupo de teatro do C.C.
Buril) ate compañías profesionais, entre as que encontramos a
Teatro de Ningures, Sarabela, Teatro do Morcego, Talía... A partir
da VII edición, as xornadas pasaron a ser principalmente unha mostra
do teatro profesional galego con obras para o público adulto e
infantil. Tamén debemos sinalar que dentro destas xornadas de teatro
se organizaban actividades complementares, como o “premio das
Letras Galegas” (coa correspondente publicación das obras
premiadas), ou conferencias e mesas redondas temáticas sobre
distintos aspectos relativos ao mundo do teatro.
As
Xornadas
de Teatro de Burela
organizadas polo Buril, non tiveron continuidade no seu momento por
distintos motivos, entre eles os problemas de financiamento, a
aparición das programacións culturais promovidas polas institucións
e a progresiva desarticulación do tecido asociativo.
Durante
os 12 anos en que se celebraron, as Xornadas tiveron unha
considerable transcendencia no acontecer cultural de Burela, cun
importante número de asistentes ás representacións, contribuíndo
á consolidación dun público que demostraba a súa fidelidade ano
tras ano. Aínda que por riba da repercusión local e comarcal, hai
que sinalar que as Xornadas
de Teatro de Burela acadaron
unha importante releváncia
na escea galega, constituíndo, xunto con outras xornadas como a MIT
de Ribadavia,
a Mostra
de teatro de Cee,
o FIOT
de Carballo,
o FETEGA
do Carballiño...
un dos espazos referencias na xeografía do teatro galego.
No
pasado ano 2011, o Concello de Burela, deixou de formar parte da Rede
Galega de Teatros,
á que pertenceu durante moitos anos, e que fixo posíbel que as máis
importantes compañías teatrais galegas actuaran en Burela. Este
feito supoxo a desaparición do teatro profesional da oferta cultural
na pasada tempada 2011-2012. Tendo en conta esta circusntancia, e
dado que Burela conta cunha importante tradición teatral, desde o
Colectivo Cultural Buril consideramos que este ano 2012 é unha boa
ocasión para recuperarmos as Xornadas
de Teatro de Burela,
na que será a XIII edición, dando así continuidade a aquelas
xornadas que comezaban alá polo ano 1987 e que facían unha pausa en
1998. Dalgún xeito, e aínda que xa pasaron 14 anos desde as últimas
xornadas celebradas, aquelas representacións teatrais aínda seguen
ecoando na cabeza de moitas burelás e burelaos.
O próximo sábado dará comezo a programación teatral de
outono organizada polo Colectivo Cultural Buril, que arrinca coa obra de teatro
infantil e familiar Kasi Circo, da compañía Teatro Monart. A cita será
ás 18:00 horas na Praza da Mariña de Burela (no Auditorio Municipal se o tempo
non acompaña). Música, clown, teatro e títeres son os ingredientes do
espectáculo Kasi Circo que está a poñer en escea Teatro Monart en
diversos concellos da provincia de Lugo. Este espectáculo forma parte do
programa Buxiganga, organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia primeira
da Deputación de Lugo, que busca promover o teatro a nivel municipal, e dar pulo aos
pequenos grupos teatrais.
Os días 4, 5 e 6 de outubro terán lugar as XIII
Xornadas de Teatro de Burela, nas que contaremos con recoñecidas
compañías teatrais galegas. As I Xornadas de Teatro organizadas polo
Buril tiñan lugar alá polo ano 1987, celebrándose ininterrompidamente durante
doce edicións ate 1998. Desde o C.C. Buril quixemos recuperar aquelas míticas
xornadas de teatro que chegaron a ser un referente no panorama teatral galego,
dando así continuidade a unha proposta cultural, que 14 anos despois aínda
segue a ecoar na cabeza de moitas burelás e burelaos.
A programación teatral de outono do Buril remata o día 27
de outubro, coa representación da obra Radio Universo da compañía
Nostrum Cai, tamén dentro dos Circuítos Buxiganga.
Kasi Circo.
Sinopse
“A obra Kasi Circo trata a história de dúas
personaxes aparentemente correntes, Silvio e Monik, dous limpadores dun circo
de fama internacional. Unha mañá calquera, dispostos a emprender de novo os
seus rutinários traballos, acontece algo que cambia o rumbo das súas vidas. O
león do circo escapou da gaiola e comeu os artistas; ante tal desenlace, os
limpadores deciden que o espectáculo debe continuar e co beneplácito do público
presente propóñense representar os artistas que tantas veces viron. Aínda que a
intención é o que conta, resultan ser bastantes desastrosos nas súas
representacións debido á súa evidente falta de formación. Aínda así seguen
adiante até o final, final que non deixa indiferente, posto que en realidade
todo foi un soño.
A obra, ademais de entreter e rescatar sorrisos entre o
público, pretende mandar unha humilde mensaxe cara á posibilidade de facer
realidade os soños. Como nos pasou a nós mesmos, primeiro soñamos facer
realidade un grupo teatral e finalmente o soño cumpriuse.”
O próximo sábado 22 de setembro terá lugar en Burela a agardada IV Edición do Aberto do Bonito, organizado polo Colectivo Cultural Buril, e no que se loitará polo prezado bonito do norte, peixe co que serán agasallados os gañadores e gañadoras.
O Aberto de Billarda disputarase a partir das 16h30 na pista deportiva nº 2 do Colexio Vista Alegre e nel participarán varios equipos da comarca no que é a primeira proba puntuábel da tempada 2012-2013 da Conferencia Norleste, organizado pola Liga Nacional de Billarda.
Todas
as persoas interesadas están convidadas a participar no Aberto de
Billarda, para calquera información poden contactar co Buril no
enderezo electrónico ccburil@gmail.com ou no teléfono 616473366.
Para participar só é preciso estar media hora antes do inicio do
Aberto.
A próxima semana arrincan as II Xornadas de História Local de Burela, organizadas polo Colectivo Cultural Buril, que se desenvolverán entre o 7 e o 9 de agosto, ás 20:30 horas na Sala de Conferencias e na Igrexa da Vila do Medio. Serán tres días dedicados á divulgación de aspectos destacados da história da nosa vila, este ano con especial atención aos movementos migratórios e tamén ao coñecemento do noso património.
As dúas primeiras sesións consistirán en dúas conferencias. A primeira delas, impartida pola historiadora burelá Herminia Pernas, versará sobre un dos aspectos fundamentais da nosa História e tamén un dos menos coñecios con relación a Burela, a emigración a América. A segunda sesión estará a cargo da antropóloga ribadense afincada en Burela Luzia Oca, que nos fará unha achega á historia da comunidade caboverdiana de Burela desde un ponto de vista histórico-sociolóxico e tamén da súa integración na sociedade burelá. As Xornadas rematarán cunha visita ás pinturas murais da Igrexa da Vila do Medio, a cargo da historiadora da arte burelá Lucía Bouza, quen falará dos aspectos históricos e iconógraficos das pinturas e dará conta do seu estado de conservación.
XORNADAS DE HISTÓRIA LOCAL. 7, 8 e 9 de Agosto. Burela 2012
Martes 7.Sala de Conferencias, 20:30 h. Facer as Américas. A emigración burelá a Ultrama no primeiro terzo do Século XX. Herminia Pernas Oroza.
Mércores 8. Sala de Conferencias, 20:30 h. Recuperando a história da comunidade caboverdiana de Burela (1977-2012). Luzia Oca González.
Xoves 9. Igrexa da Vila do Medio, 20:30 h. As pinturas murais da igrexa da Vila do Medio. Achega histórico-artística e estado de conservación. Visita guiada a cargo de Lucía Bouza Orosa.
O Colectivo Cultural Buril vem de participar na limpeza de praias que se realizou de jeito simultáneo na costa galega esta sexta-feira, 8 de Junho, coincidindo com o dia mundial dos Oceanos.
Nesta actividade, coordenada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, participarom mais de 20 entidades de todo o País, entre as que se encontravam distintos colectivos da Marinha.
O Buril, coincidindo com esta data, realizou a limpeza do coído do Perdouro, debido ao alto interesse que tem este espaço polo seu valor natural, geológico e paisagístico. No total apanharom-se por volta dos 200 kg. em só 3 horas, dos quais a maior parte eram produtos plásticos. A limpeza foi realizada de jeito manual e
selectivo, sem a utilizaçom de maquinária pesada e tendo especial
cuidado com a fauna e a flora existentes, seguindo em todo o momento um
protocolo de actuaçom facilitado pola ADEGA.
Ainda que já tínhamos a suspeita de que havia umha grande quantidade de lixo, ficamos realmente surpreendid@s com o estado em que se acha este espaço natural, que está convertido num auténtico vertedoiro ao que vam chegando todo o tipo de resíduos. Também temos que lamentar que nom nos foi possível retirar todo o lixo existente devido à sua quantidade e ao difícil aceso que apresenta esta zona. Calculamos que só no Perdouro ficam aproximadamente 10 vezes mais a quantidade do lixo retirado, sem contarmos outros espaços próximos como o Cantinho ou o Berbês. Lamentamos o penoso estado no que se acha o nosso mar e a nossa costa e aguardamos que os principais agentes contaminantes e a sociedade em geral tome consciência da gravidade do problema, ao tempo que demandamos que as autoridades competentes tomem as medidas precisas para manterem limpas as nossas costas.